Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 14 de marzo de 2016 Páx. 9415

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5312/2014).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 5312/2014 PM

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 175/2014, Xulgado do Social número 1 de Ferrol

Recorrente: Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. de la Seguridad Social número 151

Avogado: Javier Balo Couto

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Manuel Vizoso Grandal, Construcciones Caspra, S.L.

Avogado: Manuel Casal Fraga

Procurador: José Antonio Castro Bugallo

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 5312/2014 desta sección, seguido por instancia de Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. de la Seguridad Social número 151, contra a empresa Construcciones Caspra, S.L., sobre accidente de grao, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Mutua Asepeyo contra a sentenza ditada o 20 de maio de 2014 polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol en autos número 175/2014 seguidos por instancia de Manuel Vizoso Grandal contra a recorrente, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Construcciones Caspra, S.L., resolución que se mantén na súa integridade.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

O 15 de febreiro de 2016, dítase auto de aclaración que di:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Manuel Vizoso Grandal contra as entidades xestoras Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (tamén INSS e TXSS), a compañía aseguradora Asepeyo e a empresa Construcciones Caspra, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro que o demandante se encontra afectado dunha situación de incapacidade permanente en grao de absoluta por accidente de traballo (cuxa cobertura está a cargo da compañía Asepeyo), con dereito a pensión mensual na contía correspondente ao 100 % da súa base reguladora de 1.485,25 euros, 12 veces ao ano, e condeno o INSS a aboarlla cos aumentos, melloras e revalorizacións e efectos iniciais de remuneración 27 de novembro de 2013 (27 de novembro de 2013), con cargo ao capital da TXSS e que a Mutua Asepeyo deberá ingresar na conta da TXSS. Todo iso, sen prexuízo da responsabilidade inherente que esta declaración puidese alcanzar á empresa Construcciones Caspra, S.L., en caso de falta ou defecto na cotización.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Caspra, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de febreiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza