Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10190

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (955/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 955/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Nieto Cobas contra Suso Mallón, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Roberto Nieto Cobas contra Suso Mallón, S.L., debo condenar e condeno á mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 2.119,62 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; así como ao aboamento das coustas procesuais, con inclusión dos honorarios da letrada da parte demandante por importe de 200 euros.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá aterse ao que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Suso Mallón, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial