Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10192

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (966/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 966/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Gonzalo Domínguez Mayán contra Hipescar, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución que se expresa:

«Que, aceptando integramente a demanda interposta por Gonzalo Domínguez Mayán contra Hipescar, S.L. e o Fogasa, debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 21.676,25 euros polos conceptos analizados no feito probado sexto desta sentenza, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET, respecto da dita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá terse en conta o que resulte do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa esta resolución facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial