Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10309

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1929/2015).

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1929/2015 desta sección, seguido por instancia de Julio César Fernández Díaz contra ou Instituto Nacional da Seguridade Social, Elaborados y Montajes, S.A. (Eymosa), Asepeyo sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada Catalina Suárez Varela, actuando en nome e representación de Julio César Fernández Díaz contra a sentenza con data do 9 de xaneiro de 2015, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ferrol, en autos nº 583/2014 seguidos por instancia da parte recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Mutua Asepeyo e a empresa Elaborados y Montajes, S.A. (Eymosa) debemos de confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución recorrida.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sala do social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Elaborados y Montajes, S.A. (Eymosa), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan de autos ou sentenzas ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial