Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10311

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1099/2015).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1099/2015 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, José Manuel Román Martínez e Betomwerk Obras y Servicios, S.L., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Que, rexeitando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza do 17.10.2014, ditada polo Xulgado do Social núm. 4 de Vigo, nos autos 1249/2013, confirmamos a sentenza contra a que se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do TSX de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta pero co código 80, en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións» ou «Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37****++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte en paradoiro ignorado de que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Betomwerk Obras y Servcios, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de tratarse de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial