Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10313

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1546/2014).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que no presente procedemento ordinario 1546/2014-AF, seguido por instancia de Violeta Ramona Constantin fronte a Mihai David Jurj, se ditou sentenza do 18 de novembro de 2015 e posterior auto de aclaración do 25 de xaneiro do presente ano, cuxas partes dispositivas son do teor literal que segue:

Sentenza de extinción de patria potestade.

Sentenza nº 1452/2015.

Parte dispositiva:

Estimo a demanda presentada pola procuradora Sra. Quintas, en nome e representación de Violeta Ramona Constantin, e baixo a dirección letrada da Sra. Cacharrón, fronte a Mihai David Jurj, e acordo extinguir a patria potestade de Mihai David Jurj en relación coa menor Anica Jurj Constantin.

En canto sexa firme a presente resolución, mándense os oficios pertinentes ao Rexistro Civil de Zaragoza. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que a presente resolución non é firme e que contra ela cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este xulgado.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe.

Auto do tribunal en que se resolve a solicitude de aclaración da resolución xudicial nº 1452/2015.

Parte dispositiva:

Acordo aclarar a sentenza do 18.11.2015 e, no antecedente de feito primeiro e na resolución, onde di: «Anica Jurj Constantin», debe dicir: «Anica Antonela Jurj».

Fágase referencia do presente auto nel, únase ao libro de sentenzas e déixese en autos certificación literal deste, segundo o establecido no artigo 213 da LAC, e nos artigos 265 e 266 da Lei orgánica do poder xudicial.

Mándao e asínao S.Sª. Dou fe.

E ao estar o dito demandado, Mihai David Jurj, declarado en rebeldía, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 25 de xaneiro de 2016

A letrada da Administración de xustiza