Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 21 de marzo de 2016 Páx. 10315

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (autos 589/2013).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 589/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Rosa Turnes Barreir, Coparex Minera, S.A. sobre seguridade social, foi ditada resolución con data do 18 de febreiro de 2016 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, e fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Coparex Minera, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de marzo de 2016

O letrado da Administración de xustiza