Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10641

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se inscribe a Asociación de Amigos del Camino de Santiago y de la Santa Cruz no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos:

A Asociación de Amigos del Camino de Santiago y de la Santa Cruz presenta una solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 9 de febreiro de 2016.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela foi achegada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito:

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

• Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

• Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que, para a súa inscrición no rexistro, as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste.

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 29 de febreiro de 2016 sobre a solicitude, no cal se constata que a Asociación de Amigos del Camino de Santiago y de la Santa Cruz persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febreiro. Por iso,

RESOLVO:

Que a Asociación de Amigos del Camino de Santiago y de la Santa Cruz quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 210.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura