Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11018

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (705/2015).

Eu, Branca Susana Janeiro Amela, secretaria do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Beatriz Ramos Falcón e Ana Argibay Gutiérrez contra La Reigosa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 705/2015, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a La Reigosa, S.L., en paradoiro ignorado, co fin de que compareza o día 9 de xuño de 2016, ás 11.10 e 11.15 horas, na planta -1, sala 6, edificio da Audiencia, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a La Reigosa, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 1 de marzo de 2016

A secretaria xudicial