Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11016

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (402/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 402/2013 por instancia da mutua Ibermutuamur, S.L.U. contra a empresa Maquinexport, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre incapacidade, nos cales se ditou sentenza en data 22.2.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Admitir parcialmente a demanda interposta por mutua Ibermutuamur, S.L.U. contra Maquinexport, S.L. e o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Maquinexport, S.L. a aboar á mutua Ibermutuamur, S.L.U. a cantidade de oitocentos dez euros con setenta e cinco céntimos de euro (810,65 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e débese anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non gozar do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta neste xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Maquinexport, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 4 de marzo de 2016

O secretario xudicial