Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 11014

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (502/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 502/2013 por instancia de Bernardo García Fernández contra Contratas y Desarrollos Urbanos 05, S.L., o administrador concursal Sr. Canalejas Couceiro, Contratas Insyc, S.L.; Desarrollos Prosyc, S.L. 07; Arquitectura, Ingeniería y Urbanismo, S.L. Profesional; Innau Grupo Inmobiliario, S.L. (desistido) e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación salarial, nos cales se ditou sentenza con data do 23.2.2016, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Acéptase parcialmente a demanda interposta por Bernardo García Fernández fronte ás empresas Contratas y Desarrollos Urbanos 05, S.L.; Contratas Insyc, S.L.; Desarrollos Prosyc, S.L. e 07 Arquitectura, Ingeniería y Urbanismo, S.L. Profesional, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénanse as empresas Contratas y Desarrollos Urbanos 05, S.L.; Contratas Insyc, S.L.; Desarrollos Prosyc, S.L. e 07 Arquitectura, Ingeniería y Urbanismo, S.L. Profesional a aboarlle solidariamente a Bernardo García Fernández a cantidade de seis mil novecentos vinte e oito euros con catro céntimos de euro (6.928,04 euros), vinculando tales cantidades ao administrador concursal de Contratas y Desarrollos Urbanos 05, S.L.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou de representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao mesmo tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Contratas y Desarrollos Urbanos 05, S.L., o administrador concursal Sr. Canalejas Couceiro, Contratas Insyc, S.L.; Desarrollos Prosyc, S.L. 07; Arquitectura, Ingeniería y Urbanismo, S.L. Profesional, Innau Grupo Inmobiliario, S.L. (desistido), expido e asino este edicto.

A Coruña, 4 de marzo de 2016

A secretaria xudicial