Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11228

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (916/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 916/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isidro García Vázquez contra Sycigal, S.L., administración concursal Cycigal, S.L., Fogasa e o Ministerio Fiscal, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 19 de febreiro de 2016

María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 916/2014, sendo parte nel, dun lado, como demandante Isidro García Vázquez, asistido polo letrado Sr. Dapena Carabel, e doutro, como demandada, a empresa Sycigal, S.L, que non comparece, a administración concursal da empresa Sycigal, S.L., Canseco & Cepeda, asistida pola letrada Sra. Caruncho Martín e o Fondo de Garantía Salarial, representado polo letrado Sr. Crespi Rodríguez, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza

Decisión:

Estímase a demanda formulada por Isidro García Vázquez fronte a Sycigal, S.L. e a administración concursal da citada empresa e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola empresa Sycigal S.L. ao demandante.

– Condénase a Sycigal, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do traballador demandante ou o aboamento dunha indemnización de 11.834,85 euros, e determinará o aboamento da dita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento son a razón de 92,10 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando a celebrar audiencia pública. Dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Sycigal, S.L., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial