Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11226

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (523/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 523/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Saturnina Berroa Reyes contra a empresa Rialtex 2011, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 76/2016

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 523/2013

Demandante: Saturnina Berroa Reyes

Letrado: Sr. Suárez de la Fuente

Demandada: Rialtex 2011, S.L.

Letrado:

Fogasa

Sentenza 76/2016

A Coruña, 22 de febreiro de 2016

Resolución:

1º. Estimo a demanda formulada por Saturnina Berroa Reyes contra Rialtex 2011, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a aboarlle á primeira a suma de 10.193,76 euros, así como o xuro legal de demora do 10 %.

2º. O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución, nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS, cos límites previstos no artigo 33 do ET.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Rialtex 2011, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial