Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11224

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 535/2013).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 535/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Rodríguez Pérez contra Vaimpoxy, S.L. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña

Sentenza: 79/2016

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 535/2013

Demandante: José Manuel Rodríguez Pérez

Letrado: Sr. Pena Díaz

Demandados: Vaimpoxy, S.L.

Fogasa

Sentenza nº 79/2016

A Coruña, 22 de febreiro de 2016

Decido.

1. Estimar a demanda formulada por José Manuel Rodríguez Pérez contra Vaimpoxy, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 15.627,70 euros en concepto de salarios debidos, así como o xuro legal de demora do 10 %.

2. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS cos límites previstos no artigo 33 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Vaimpoxy, S.L., en ignorado paradoiro, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial