Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 16 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para unha granxa avícola e a súa ampliación, no concello de Boimorto (A Coruña). Titular LP Aves, S.C. (clave 2015-IPPC-I-72).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo) e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro) faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Proxecto básico e estudo de impacto ambiental para solicitar a autorización ambiental integrada dunha ampliación de explotación avícola. LP Aves, S.C. Mercurín-Boimorto-A Coruña. Xuño 2015».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que ache convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultala na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-I-72.

Peticionario: LP Aves, S.C.

Domicilio social: Aquelavila, 19, Buazo, 15818 Boimorto, A Coruña.

Localización da instalación: parcelas nº 190 e nº 191, polígono 502, A Chousa, Boimorto (A Coruña).

Actividade: o ciclo produtivo comeza coa chegada á granxa dos polos cun día de vida. Nun ciclo engórdanse as aves ata os 2,5 kg de peso para a súa posterior saída ao matadoiro, ciclo que dura uns 45-50 días máis 10-15 días de baleiro sanitario. Tras a ampliación prevista mediante a construción dunha nave, zona de control e almacén, a capacidade da granxa pasará de 73.974 prazas a 110.961 prazas.

A galiñaza producida empregarase como fertilizante en parcelas de uso agrícola.

Verteduras: a auga dos aseos dirixirase á fosa séptica para incorporarse depurada ao medio.