Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 3 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente LU-RES 2015/160 e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e doutras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron acordados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da Xefatura Territorial é rolda da Muralla, nº 70, 2º, Lugo.

O plazo para realizar a comparecencia será de dez días. Este plazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edicto único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o plazo de dez días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.

Lugo, 3 de marzo de 2016

María Eugenia Gasalla Valle
Xefe do Servizo de Conservación da Natureza de Lugo

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

LU-RES 2015/160

Georghe Beldiman

Proposta de resolución do procedemento sancionador

LU-RES 2016/004

Georghe Vida

Acordo de inicio do procedemento sancionador

LU-RES 2016/005

Regino Mendes

Acordo de inicio do procedemento sancionador

LU-RES 2016/008

Georghe Remus Matei

Acordo de inicio do procedemento sancionador