Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11537

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO da contratación, por procedemento aberto, do servizo de explotación do punto limpo.

1. Entidade adxudicadora. Concello de Ordes.

Obtención de documentación e información: rúa Alfonso Senra, 108. Ordes. 15680.Teléfono: 981 68 00 02; telefax: 981 68 22 21; correo electrónico: correo@ordes.gal. Perfil do contratante: www.ordes.gal

2. Obxecto do contrato: servizo de explotación do punto limpo de Ordes.

a) Prezo: (38.000 €/ano), IVE excluído.

b) Duración: ata o 23 de marzo de 2019, poderá ser prorrogado por un ano máis por mutuo acordo das partes antes do remate, sen que a duración total deste, incluída a prórroga, poida exceder os catro anos.

c) Garantía provisional: non se exixe.

d) Garantía definitiva: 5 por cento do prezo de adxudicación, IVE excluído.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 90500000-2.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

Criterios de adxudicación: prezo, operativa e loxística da xestión, criterios de aceptación de residuos, destino dos residuos.

4. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo dos quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 19.2 (formalidades e documentación) do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Apertura de ofertas: publicarase no perfil de contratante.

6. Revisión de prezos: non procede.

Ordes, 11 de marzo de 2016

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente