Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11539

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión extraordinaria do 16 de marzo de 2016, aprobou inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), acordo que ten o seguinte contido:

«1º. Aprobar inicialmente o PXOM de Ordes.

2º. Someter o plan aprobado inicialmente con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, ás consultas previstas no documento de referencia e ao trámite de información pública durante un prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia. Simultaneamente, e durante o mesmo prazo, darase audiencia aos municipios limítrofes.

3º. Durante o trámite de información pública, o Concello solicitará das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios, que deberán ser emitidos no prazo máximo dun mes, salvo que a lexislación sectorial sinale outro prazo.

4º. Suspender o outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e derruba nos ámbitos do PXOM que poidan ser incompatibles coa ordenación urbanística obxecto de aprobación».

O prazo da exposición pública do expediente iniciarase o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

A documentación do expediente estará á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

O documento que integra o PXOM aprobado inicialmente poderase consultar na web municipal (www.ordes.gal).

Ordes, 18 de marzo de 2016

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente