Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11540

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO da convocatoria de prazas da oferta pública de emprego 2015.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 49, do 11 de marzo de 2016, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover as seguintes prazas:

– Persoal funcionario. Quenda libre: encargado xeral. Número de vacantes: 1. Grupo C, subgrupo C1; oficial 1ª fontaneiro. Número de vacantes: 1. Grupo C, subgrupo C2; enxeñeiro técnico. Número de vacantes: 1. Grupo A, subgrupo A2.

– Persoal funcionario. Quenda de promoción interna: encargado almacén. Número de vacantes: 1. Grupo C, subgrupo C2.

– Persoal laboral fixo. Quenda promoción interna: oficial 1ª xardinaría. Número de vacantes: 1; oficial 1ª condutor. Número de vacantes: 2; oficial 1ª mantemento. Número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Poio, 11 de marzo de 2016

Luciano Sobral Fernández
Alcalde