Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11541

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) no ámbito do equipamento deportivo ZD-7 en Agra dos Campos-Aríns.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 21 de xaneiro de 2016, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM no ámbito do equipamento deportivo ZD-7 en Agra dos Campos-Aríns, formulada de oficio polo Concello de Santiago de Compostela co fin de dar cumprimento á Sentenza do Tribunal Supremo do 16 de xuño de 2014 (recurso de casación 455/2012, derivado do PO 4275/2008).

b) En aplicación do procedemento regulado polo artigo 85.2 da LOUG, a modificación inicialmente aprobada someterase a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, outorgaráselles audiencia aos municipios limítrofes.

A aprobación inicial determina automaticamente, por aplicación do disposto polo artigo 77.2 da LOUG, a suspensión do outorgamento das licenzas que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta, durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial.

O que se publica co fin de que, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente, no Servizo de Planeamento e Xestión, e formular as alegacións que xulguen oportunas. Na páxina web do Concello www.santiagodecompostela.org poderase consultar a modificación do PXOM de referencia aprobada inicialmente.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2016

P.D. (Decreto 3997/2015, do 16 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade