De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas interesadas, que se indican a continuación no anexo, as resolucións ditadas polo xefe territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e nos artigos 41, 52, 53, 54, 55 e 61 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a dita notificación.
As persoas interesadas poderán interpor recurso no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio, no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para os efectos do coñecemento do contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, e advírteselles que, de non facelo, se terán por notificados.
Lugo, 10 de marzo de 2016
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Interesado |
Núm. expte. |
Asunto |
Roberto Ares Solla |
2003/64/27 |
Cesamento da medida |
Juan Carlos Parada Castro |
2009/183/27 |
Cesamento da medida |