Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 1 de abril de 2016 Páx. 11823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, para un servizo de desenvolvemento dunha campaña de publicidade para a promoción dos produtos cárnicos de orixe galega (expediente 21/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición do obxecto: definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver unha campaña publicitaria para promover o consumo dos produtos cárnicos de orixe galega.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Prazo de execución: comezará o 1 de xuño ou na data seguinte á da sinatura do contrato, de ser esta posterior, e finalizará o 30 de setembro de 2016.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79.341000-6 e 79341400.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 181.815 €; IVE (21 %): 38.181,15 €. Importe total: 219.996,15 €.

Valor estimado: 181.815 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo a alínea H da folla de especificacións (admítese a clasificación: grupo T, subgrupo 1 e categoría B ou ben grupo T, subgrupo 1 e categoría 2, se a obtivo despois da entrada en vigor do RD 773/2015).

7. Garantías exixidas: definitiva, do 5 % do orzamento de licitación (9.090,75 €).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37/881 99 93 88 (consultas administrativas), 981 55 72 41 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.es.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24752.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, non sendo que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deben presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781) e poderase enviar por correo a este rexistro único dentro do prazo de admisión sinalado. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico enriba sinalado.

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, non sendo que for sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, na data e na hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax ou correo electrónico a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2016

P.D. (Orde 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural