Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 1 de abril de 2016 Páx. 11741

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 22 de marzo de 2016 pola que se nomea a Abel Yáñez Armesto presidente do Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Lacón Gallego.

Tras o cesamento por petición propia de Luis Corujo Díaz como presidente da indicación xeográfica protexida Lacón Gallego, o pleno deste consello regulador, que tivo lugar o pasado día 14 de marzo, elixiu a Abel Yáñez Armesto para ocupar o dito cargo.

Conforme indica o artigo 20 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, unha vez elixida a persoa que exercerá a presidencia, deberá facerse o seu nomeamento mediante orde da consellería competente.

Polo anterior,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear presidente do Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Lacón Gallego a Abel Yáñez Armesto.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2016

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural