Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 1 de abril de 2016 Páx. 11852

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO da contratación da subministración de folletos e doutros artigos para publicitar as actividades.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: subministración de folletos e doutros artigos para publicitar diversas actividades do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (establecida en lotes).

3. Prezo do contrato: 50.000,00 €, IVE incluído, anuais (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

4. Duración do contrato: dous anos desde a data da súa formalización, prorrogable antes da súa finalización por mutuo acordo entre o IMCE e o contratista por anos ata un máximo de catro, incluído período inicial e prórrogas.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 3.140,50 €, 619,84 € e 371,90 €, respectivamente, para cada un dos lotes.

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avenida da Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Teléfono 981 18 42 00, extensión 12053; perfil do contratante www.coruna.es; enderezo de correo electrónico: a.canosa@coruna.es

10. Clasificación: non se exixe.

11. Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Presentación de proposicións: prazo de quince (15) días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, finalizando ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que cómpre presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE. Avenida da Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña (véxase o prego de cláusulas administrativas particulares).

13. Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinale no perfil de contratante www.coruna.es

14. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 22 de febreiro de 2016

P.D. (Decreto do 22 de xuño de 2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos