1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Concello de Malpica de Bergantiños.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Nº expediente: PA 1/2016.
d) Obtención de documentación e información:
d.1. Dependencia: Secretaría.
d.2. Domicilio: avenida Emilio González, 1.
d.3. Localidade e código postal: Malpica de Bergantiños, 15113.
d.4. Teléfono: 981 72 03 18/981 72 00 01.
d.5. Telefax: 981 72 16 27.
d.6. Correo electrónico: correo@malpicadebergantinos.es
d.7. Enderezo da internet do perfil do contratante:
www.contratosdegalicia.es/consultaperfil.jsp. Plataforma de contratación da Xunta de Galicia.
d.8. Data límite de obtención de documentación e información: ata dous (2) días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: servizo de conserxaría do colexio público CEIP Milladoiro e conserxaría e limpeza do pavillón polideportivo municipal.
b) Lugar de execución: Concello de Malpica de Bergantiños.
c) Duración do contrato: un (1) ano.
d) Admisión de prórroga: prorrogable por un (1) ano máis.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, cun único criterio de adxudicación indicado na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento de licitación, valor estimado e prezo do contrato:
– Valor estimado (cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares) segundo o prezo unitario e a tanto global máximos e número de horas previstos no anexo técnico, para a duración prevista do contrato incluíndo as posibles prórrogas, primas, modificados e contratos complementarios ascende á cantidade de 94.919,95 euros.
– Orzamento base de licitación, sobre o cal os licitadores presentarán oferta á baixa, para a duración prevista do contrato (sen prórrogas), será: 45.025,31 euros máis 9.455,32 euros de IVE.
4. bis. Financiamento: para atender as obrigas económicas que derivan para o Concello do cumprimento do contrato, existe crédito no orzamento con cargo á aplicación 2015.165.633.00.
5. Garantías:
Provisional: non se exixe.
Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).
6. Requisitos específicos do contratista: véxanse as cláusulas 3 e 4 do prego.
7. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP da Coruña, no perfil do contratante ou no Diario Oficial de Galicia.
b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.
c) Lugar de presentación:
– Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.
– Localidade e código postal: avenida Emilio González, 1 (Malpica de Bergantiños, 15113).
d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses (cláusula 11).
8. Apertura de ofertas: salón de plenos do Concello de Malpica de Bergantiños.
– Enderezo: avenida Emilio González, 1 (Malpica de Bergantiños, 15113).
9. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.
Malpica de Bergantiños, 4 de marzo de 2016
Eduardo José Parga Veiga
Alcalde