Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 5 de abril de 2016 Páx. 12041

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

DECRETO 35/2016, do 23 de marzo, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora do trazado na AC-133, treito p.q. 9+600 ao 10+000, de clave AC/12/095.06.

Antecedentes.

O 29 de decembro de 2015 publícase no Diario Oficial de Galicia (núm. 247) o Anuncio do 18 de decembro de 2015 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de mellora do trazado na AC-133, treito p.q. 9+600 ao 10+000, de clave AC/12/095.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Posteriormente, e despois da análise dos informes e certificacións presentados, o 14 de marzo de 2016 se aproba definitivamente o expediente de información pública do proxecto de construción de mellora do trazado na AC-133, treito p.q. 9+600 ao 10+000, de clave AC/12/095.06.

Por todo isto, o 15 de marzo de 2016 apróbase definitivamente o proxecto de construción de mellora do trazado na AC-133, treito p.q. 9+600 ao 10+000, de clave AC/12/095.06.

O mencionado proxecto de construción ten por obxecto a mellora do trazado da estrada AC-133, entre o p.q. 9+600 e o 10+000, no termo municipal de Mugardos, coa finalidade de aumentar a seguridade, eficacia e comodidade da circulación na vía proxectada, así como ordenar e regular o tráfico rodado.

A xustificación da urxencia de ocupación dos bens e dereitos precisos para a execución desta actuación vén motivada porque na vía obxecto do proxecto se localiza unha sucesión de curvas perigosas, o que ocasiona accidentes por saídas de vía. Coa realización desta actuación preténdese mellorar a seguridade e eficiencia da vía.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do número dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Corresponde ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e tres de marzo de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Artigo único. Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción de mellora do trazado na AC-133, treito p.q. 9+600 ao 10+000, de clave AC/12/095.06.

Santiago de Compostela, vinte e tres de marzo de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda