Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 5 de abril de 2016 Páx. 12043

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 11 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social, e se convocan para o ano 2016.

BDNS (identif.): 301699.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro. Entidades beneficiarias

As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I; os concellos de Galicia, a través dos órganos dunha área metropolitana, dunha mancomunidade de municipios, dun consorcio local ou dunha agrupación dun mínimo de catro concellos que pertenzan a unha mesma zona, nos termos e para as actuacións previstas no programa II, e as fundacións e asociacións, as cámaras de comercio, as organizacións profesionais, empresariais e sindicais e outras entidades sen ánimo de lucro, sinaladas nas alíneas d), f) e g) do número 1 do artigo 5 do Decreto 225/2012, do 15 de novembro, polo que se crea a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social e se regula o seu funcionamento, que teñan formalizada a súa adhesión a esta rede por medio de convenio de colaboración, asinado con anterioridade á publicación desta orde, para as actuacións e nos termos previstos no programa III.

Segundo. Obxecto e finalidade

Realizar actividades de impulso e fomento do cooperativismo e da economía social, a través dos seguintes programas de axudas:

Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais (programa I), oficinas locais de fomento cooperativo e da economía social (programa II) e apoio ás entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades no marco da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social (programa III).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 11 de febreiro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións ás entidades asociativas, ás oficinas locais e a outras entidades colaboradoras da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e da economía social, e se convocan para o ano 2016 (http://www.traballo.xunta.es).

Cuarto. Contía

O orzamento total ascende a un millón douscentos corenta e cinco mil euros (1.245.000,00 euros) e a distribución inicial de créditos por programas é a seguinte: programa I, 655.000,00 euros; programa II, 520.000,00 euros, e programa III, 70.000,00 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda é un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

Para os programas I e II, unha vez acreditada a aceptación da subvención e logo de solicitude, poderase facer efectivo en concepto de pagamento anticipado ata un 80 % do importe da subvención.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria