BDNS (Identif.): 302971
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Beneficiarios
Universidades, entes locais e entidades privadas sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 77 da Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia.
Segundo. Obxecto
Establecer as bases reguladoras e convocar axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos.
A finalidade da axuda é a realización de actividades de organización de fondos documentais dos arquivos galegos e o seu tratamento arquivístico, e a dixitalización de patrimonio documental custodiado en arquivos galegos.
As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 10 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
Cuarto. Importe
Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de 77.740 euros coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:
• 10.20.432A.744.4: 15.000 euros.
• 10.20.432A.760.0: 32.740 euros.
• 10.20.432A.781.0: 30.000 euros.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2016
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria