Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx. 12478

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Marco

ANUNCIO de licitación para a contratación dos servizos de atención ao público no Museo Marco, por procedemento ordinario aberto.

1. Entidade que adxudica: organismo: Fundación Marco, Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

2. Obxecto do contrato: descrición: atención e control do público no Museo Marco. Lugar de execución: Príncipe, 54, 36202 Vigo. Prazo de execución: 2 anos.

3. Tramitación e procedemento. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 160.000 euros, IVE non incluído.

5. Obtención da documentación e información: www.marcovigo.com (Contratación), teléfono 986 11 39 00. Data límite para solicitar a documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista: si. Ver prego administrativo relativo á solvencia técnica e profesional.

7. Presentación de ofertas: prazo: ata 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG. Documentación: a exixida no prego de condicións. Lugar de presentación: billeteira do Museo Marco, rúa Príncipe, 54, 36202 Vigo, ata as 14.00 horas do último día de prazo.

8. Apertura de oferta administrativa, técnica e económica, data e hora: anunciarase no perfil do contratante da Fundación Marco: www.marcovigo.com (Contratación).

9. Outra información: lista de subrogación e horario de visita ao centro anunciado na www.marcovigo.com (Contratación).

10. Páxina web para obtención de información: www.marcovigo.com (Contratación).

Vigo, 10 de marzo de 2014

Martiño Nogueira Canle
Xerente da Fundación Marco