Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx. 12477

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da apertura dun novo prazo para presentar as solicitudes de participación no XXIV Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos 2016.

Con data do 11 de marzo de 2016 (DOG núm. 49) publicouse o anuncio das bases do XXIV Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos 2016.

Nas ditas bases establecíase un prazo de presentación de solicitudes desde o 15 ao 30 de marzo de 2016.

Con data do 31 de marzo de 2016, o Concello Pleno aprobou a apertura dun novo prazo de solicitudes de quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Ferrol, 1 de abril de 2016

P.D. (Resolución do 29.6.2015)
Jesús Basterrechea López
Concelleiro delegado de Cultura, Ensino e Universidade