Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se convoca concurso de ideas con intervención de xurado para a transformación da actual estación de autobuses de Santiago de Compostela nun edificio administrativo, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 4/2016 SXT.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: transformación da actual estación de autobuses de Santiago de Compostela nun edificio administrativo.

b) División por premios: dous premios e un accésit.

c) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución: o concurso desenvolverase de acordo coas fases e co calendario establecido no prego de bases.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso de ideas con intervención de xurado, de conformidade co disposto nos artigos 184 e seguintes do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

4. Orzamento total dos premios.

Importe total: 60.000,00 €.

Desagregación por premios:

– Primeiro premio: 30.000,00 €.

– Segundo premio: 20.000,00 €.

– Accésit: 10.000,00 €.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

1º. Entidade: Secretaría Xeral Técnica. Servizo de Contratación e Apoio Administrativo.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 51 74.

5º. Telefax: 981 54 43 66.

6º. Correo electrónico: contratacion.civ@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 25296

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos dos concursantes.

a) Destinatarios: os descritos no punto 5 do prego de bases que rexe neste concurso de ideas.

b) Clasificación: non se exixe.

c) Outros requisitos: os descritos no prego de bases.

8. Presentación de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de documentación para tomar parte no concurso será de dous meses, contados desde o día seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria do concurso no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no número 7.2 do prego de bases que rexerá no concurso de ideas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: haberá que aterse ao disposto no prego de bases.

9. Calendario de reunión do xurado.

Respecto da constitución do xurado e da adopción de acordos, haberá que aterse ao disposto no prego de bases que rexerá neste concurso de ideas.

10. Outras informacións.

a) Lingua en que poderán redactarse os documentos: galego e castelán.

b) Os criterios que se empregarán para a avaliación dos traballos presentados ao concurso serán os establecidos na cláusula 8 do prego de bases deste concurso de ideas.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta dos gañadores dos premios, en partes proporcionais aos importes dos premios obtidos.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda