Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12789

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (544/2012).

Eu, Marina Pilar García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 544/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Cristina Arias Salgado contra a empresa Mercado Tropical, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolvo:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Cristina Arias Slagado, asistida pola letrada Sra. Vila Amarelle, contra a entidade Mercado Tropical, S.L. e Fogasa que non comparecen pese a estar debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 6.336,67 euros como cantidades debidas, máis o xuro de mora do 10 % sobre esta cantidade.

Debo absolver e absolvo a Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xuztiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgándoo definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mercado Tropical, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtelle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2016

A secretaria xudicial