Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se emprazan os interesados en expedientes de subvención para o fomento das frondosas caducifolias (expediente 12360029/2008 e dous máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), as resolucións dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención números 12360029/2008, 12360072/2008 e 12360140/2008 (Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias).

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, situada na rúa San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselles aos interesados un prazo dun mes, contado a partir do seguinte ao da notificación da resolución, no cal poderán interpor potestativamente o recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural ou directamente recurso contencioso-administrativo ante ao órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren pertinente.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención núm. 12360029/2008.

Interesada: CMVMC de Xunqueiras.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lugar de Xunqueiras 1, 36844 Pazos de Borbén (Pontevedra).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención núm. 12360072/2008.

Interesado: Pablo Generoso Eiriz Fragoso.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa García Barbón 122-3º A, 36201 Vigo (Pontevedra).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2015 no expediente de subvención núm. 12360140/2008.

Interesado: Jaime Valladares Cortizo.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: lugar Ulla 18, 36680 A Estrada (Pontevedra).