Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 26 de febreiro de 2016 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Carmiña I (Redondela A, cuadrícula 65).

Unha vez visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Carmiña I e da concesión administrativa que a ampara, resultan:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 27 de novembro de 2015, Ángel Reguera Fuentes (35323594X) e Romina Mª Fernández Vidal (76999774Y) solicitaron autorización para a transmisión da concesión da batea Carmiña I.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica; coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e coa disposición adicional sexta do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Mejillones Julio, S.L.U. (B36328011), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Carmiña I.

Localización:

Cuadrícula nº: 65.

Polígono: A.

Distrito: Redondela (Pontevedra).

Especies autorizadas: ameixa babosa (Venerupis pullastra), ameixa fina (Ruditapes decussatus), ostra plana (Ostrea edulis), zamburiña (Chlamys varia). Así mesmo, autorización experimental de ostra xaponesa (Crassostrea gigas) con vixencia ata a aprobación do Plan de ordenación da acuicultura marítima.

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 28.6.1958 (BOE núm. 177).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Ángel Reguera Fuentes (35323594X) e Romina Mª Fernández Vidal (76999774Y).

Novo titular: Mejillones Julio, S.L.U. (B36328011).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e nas obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 26 de febreiro de 2016

P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo