Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2016 Páx. 13016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai pública a baixa da Central Obreira Galega (COG) nesta oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, por integrarse na Confederación Intersindical Galega (CIG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito dos estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral procedeuse á baixa da Central Obreira Galega (COG), aprobada na Asemblea nacional de afiliados celebrada o 10 de xaneiro de 2015 na Coruña e que pasa a integrarse na Confederación Intersindical Galega (CIG).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: todos os traballadores e traballadoras de Galicia por conta allea ou autónomos sempre que non teñan asalariados ao seu cargo.

– Asinan a acta: José Ángel Iravedra López, Mario Díaz Bustamante e Carlos Varela Souto.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego