Eu, María Luisa Sánchez Garrido, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, por este edicto
Anuncio:
No presente procedemento ordinario 267/2014, seguido por instancia de Truck and Wheel, S.L. contra Starcorp Transport Management, S.L., ditouse a Sentenza nº 63/2015, do 16 de abril de 2015, cuxo teor literal é o seguinte:
«Resolvo que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Barreiro na representación acreditada, debo condenar e condeno a Starcorp Transport Management, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de 10.859,75 euros máis os xuros de mora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, máis os xuros legais da Lei 3/2004. Todo isto con expresa imposición á demandada das custas causadas.
Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación neste xulgado, para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de vinte días desde a súa notificación, logo de consignación de 50 euros, na forma establecida pola disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial».
Ao encontrarse a dita demandada, Starcorp Transport Management, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación.
Vigo, 11 de marzo de 2016
A letrada da Administración de xustiza