Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2016 Páx. 12970

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1096/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1096/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Zaira Pérez Barreiro contra a empresa Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza.

A Coruña, 2 de outubro de 2015.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1096/2014, en que son parte, dunha banda, como demandante, Zaira Pérez Barreiro, que comparece representada polo letrado Fernando José Méndez Sanjurjo, e como demandados Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non comparecen malia teren sido citados en legal forma, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Zaira Pérez Barreiro contra a empresa Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante e, en virtude da opción, a extinción da relación laboral o día 16 de setembro de 2014, e condeno a demandada a que lle aboe á demandante 353,35 euros en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L., expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de marzo de 2016

A secretaria xudicial