Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2016 Páx. 12972

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (422/2015).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber:

Que no procedemento ordinario 422/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrés González Ríos, Juan Carlos Parguiña Bayón, José María Losada Ruibal, Efrén García Baqueta, Jesús Romero Romero, José Manuel Ferreiros Camiña, José Manuel Lourido González, Francisco Diéguez Otero, contra a empresa Mantenimiento de Plantas Industriales, S.L., coa intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Dispoño:

1. Estimar a solicitude de Andrés González Ríos, Juan Carlos Parguiña Bayón, José María Losada Ruibal, Efrén García Baqueta, Jesús Romero Romero, José Manuel Ferreiros Camiña, José Manuel Lourido González, Francisco Diéguez Otero, de aclarar a sentenza ditada neste procedemento con data 18 de febreiro de 2016 no sentido que se indica a continuación.

Na decisión da sentenza

Onde di:

Estimando parcialmente a demanda interposta (...)

Debe dicir:

Estimando integramente a demanda interposta (...)

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Notifíqueselles ás partes e á demandada por medio de edictos, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónica ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpor recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Mantenimiento de Plantas Industriales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 18 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza