María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 581/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosendo Rodríguez Vieites contra Ferreira y Rodríguez, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza co número 31/2016, con data do 14 de marzo de 2016, cuxa resolución é do teor literal seguinte:
Que estimando integramente a demanda interposta por Rosendo Rodríguez Vieites, respecto de quen se acordou a sucesión procesual nas persoas dos seus herdeiros María Lourdes Castro Cela, Raúl Rodríguez Castro, Emilio José Rodríguez Castro e Alejandro Rodríguez Castro, contra Ferreira y Rodríguez, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lles aboar aos sucesores procesuais do demandante a suma de 5.471,10 euros polos conceptos indicados no feito probado quinto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade, desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios da letrada da parte demandante por importe de 200 euros.
No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte do artigo 33 do ET.
Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.
A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.
Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para que sirva de notificación en legal forma a Ferreira y Rodríguez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2016
A secretaria xudicial