De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador que se indica no anexo.
A eficacia da cédula queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 18 de marzo de 2016
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Interesada: Cándida Barros González.
Expediente: ES-P-0017/16.
Último domicilio coñecido: polígono de Torneiros, fase IV, bloque 3, portal 7, 3º D, 36400 O Porriño (Pontevedra).
Indicación do contido: notifícaselle á interesada o acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0017/16 como presunta responsable dunha infracción administrativa grave tipificada no artigo 105.o) da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.
Alegacións: de acordo co disposto no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle á persoa interesada un prazo de quince (15) días, que se contarán a partir do seguinte ao da notificación deste acordo, para achegar as alegacións, documentos e, de ser o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.