Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 21 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se lle notifica á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador ES-P-0021/16.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o acordo de inicio do expediente sancionador que se indica no anexo.

A eficacia da cédula queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 21 de marzo de 2016

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Juan Vila Costas.

Expediente: ES-P-0021/16.

Último domicilio coñecido: polígono de Torneiros, fase V, bloque 3, portal 16, 2º B, 36400 O Porriño (Pontevedra).

Indicación do contido: notifícaselle ao interesado o acordo de inicio do procedemento sancionador ES-P-0021/16 como presunto responsable dunha infracción administrativa grave tipificada no artigo 105.o) da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.

Alegacións: de acordo co disposto no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, concédeselle á persoa interesada un prazo de quince (15) días, que se contarán a partir do seguinte ao da notificación deste acordo, para achegar as alegacións, documentos e, de ser o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.