Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato para a subministración e instalación dunha caldeira de pellets nas oficinas do distrito forestal de Salcedo (expediente 47bis/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación dunha caldeira de pellets nas oficinas do distrito forestal de Salcedo (Pontevedra).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23438

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 191, do 6 de outubro de 2015.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, mediante tramitación docu-mentalmente simplificada. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 54.064,70 €, IVE (21 %): 11.353,59 €. Importe total: 65.418,29 €.

Valor estimado: 54.064,70 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 1 de marzo de 2016.

b) Adxudicataria: Ecogal Energías Renovables Autoconsumo y Eficiencia Energética, S.L.

c) Importe: 40.548,52 € (sen IVE). IVE (21 %): 8.515,19 €.

Importe total: 49.063,71 €.

d) Data de formalización do contrato: 17 de marzo de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación automáticos establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2016

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural