Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai publica a formalización do servizo de medios aéreos de intervención rápida (dous helicópteros de tipo lixeiro), con destino á prevención e defensa contra incendios forestais durante a precampaña do ano 2016 (proposta 1/16-I) (expediente 9/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de medios aéreos de intervención rápida (dous helicópteros de tipo lixeiro), con destino á prevención e defensa contra incendios forestais durante a precampaña do ano 2016.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23960

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 25, do 8 de febreiro de 2016.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente; aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: 207.300,00 € (exento de IVE).

Valor estimado: 207.300,00 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 17 de marzo de 2016.

b) Adxudicataria: INAER Galicia, S.L.

c) Importe: 175.790,25 € (exento de IVE).

d) Data de formalización do contrato: 18 de marzo de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2016

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural