A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria para cubrir postos de traballo excluídos de convenio colectivo mediante contrato de interinidade:
1. Praza de xefe/a de división de conservación-concurso de méritos.
As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, praza da Estrela, nº 1.
As solicitudes deberán presentarse, no prazo de 15 (quince) días naturais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, no rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincidise en sábado, domingo ou festivo, este rematará no seguinte día hábil.
Vigo, 4 de abril de 2016
Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo