Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13265

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel. Primeira fase: axudas Galicia-Río 2016.

A Fundación Deporte Galego, tendo en conta que o seu obxecto social prevé o fomento do deporte de alta competición, convoca a primeira fase das axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, axudas Galicia-Río 2016.

A instancia de solicitude e a documentación correspondente presentaranse no Rexistro da Fundación Deporte Galego: rúa de Madrid, 2-4 (Edificio EGAP, 2º andar), polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela. Os/as interesados/as poderán tamén presentar as súas instancias mediante correo certificado, nos termos previstos no Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro, que aproba o Regulamento dos servizos postais.

As bases poderanse consultar na sede da Fundación Deporte Galego, no enderezo sinalado anteriormente ou na web deporte.xunta.gal. Teléfono: 881 99 63 73.

Poderán presentarse solicitudes desde o seguinte día ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata a data en que rematen os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Río 2016.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

José Ramón Lete Lasa
Presidente da Fundación Deporte Galego