Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13784

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4753/2014 CRS).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4753/2014 CRS

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 394/2014 Xulgado do Social número 4 de Ourense

Recorrente: Genoveva Diéguez Macía

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo

Recorridos: Gallega de Alimentación, S.A., Coren Agroindustrial, S.A.U., Adecco TT, S.A., Servicarne, SCCL, Cooperativas Orensanas S. Coop. ltda. (Coren)

Avogados: José Javier Bobillo Blanco, José Javier Bobillo Blanco, (…), Mercedes Torres Benedicto, José Javier Bobillo Blanco

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4753/2014 desta sección, seguido por instancia de Genoveva Diéguez Macía contra Servicarne, S.C.C.L. e outros, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos. Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Genoveva Diéguez Macía contra a sentenza de data 23 de xuño do ano dous mil catorce, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Ourense, en proceso sobre outros dereitos laborais, promovido pola recorrente fronte á empresa Servicarne Sociedad Cooperativa, C.L. e outras, debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a que se recorre.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Adecco TT, S.A., con último domicilio coñecido en Pozuelo de Alarcón, Camino de los Cerros de los Gamos 3, Madrid, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza