Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2016 Páx. 14501

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (853/2013).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 853/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Secundino García Cousillas contra Hoseaz José Seijas Vázquez, Fogasa sobre ordinario, se ditou Resolución do 29 de marzo de 2016 contra a cal se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, e fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Hoseaz José Seijas Vázquez expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de abril de 2016

O letrado da Administración de xustiza