Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2016 Páx. 14502

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (38/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 38/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Carmen Lorenzo Godoy contra a empresa Confecciones Marblan, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante María Carmen Lorenzo Godoy fronte a Confecciones Marblan, S.L., parte executada.

Peesentado pola traballadora María Carmen Lorenzo Godoy exixindo o cumprimento polo empresario Confecciones Marblan, S.L. da obriga de readmisión, e despachado auto de execución de Sentenza do 12 de febreiro de 2016, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facerlles saber que deben asistir cos medios de proba de que se intenten valer, e fixo o próximo día 12 de maio de 2016 ás 9.50 horas para a celebración da comparecencia.

De non asistir a traballadora ou persoa que a represente teráselle por desistida na súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza. Así mesmo, acordo a citación da entidade executada por medio de edictos.

Para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Marblan, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza