Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2016 Páx. 14503

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (323/2012).

Marina Pilar García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 323/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Antonio Fernández Varela contra a empresa Fransan Eurotrans, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de José Antonio Fernández Varela, asistido polo letrado Sr. Galiano Muíños, contra a entidade Fransan Eurotrans, S.L. e Fogasa que non comparecen malia estar debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 2.900,45 euros como cantidades debidas, máis o xuros de mora do 10 % sobre esta cantidade.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese as partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a esta non cabe interpoñer recurso de suplicación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Fransan Eurotrans, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2016

A secretaria xudicial