O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga. O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, sobre a prestación de servizos esenciais en caso de folga do persoal ao servizo da Administración autonómica (DOG núm. 116, do 20 de xuño) entre os cales se atopa a asistencia social.
O servizo público da asistencia social non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.
O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.
A empresa Limpiezas del Noroeste, S.A. (Linorsa), é a adxudicataria dos servizos de limpeza en diversos centros e unidades da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, na provincia de Lugo.
A convocatoria de folga foi presentada polas centrais sindicais, Confederación Intersindical Galega (CIG) a Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CC.OO.) e terá lugar de xeito indefinido a partir do día 22 de abril de 2016, ás 7.00 horas e afectará todos os traballadores da empresa contratista que prestan os seus servizos nos referidos centros e unidades.
A paralización dos servizos de limpeza pode provocar nos centros e unidades afectados graves problemas de salubridade con consecuencias imprevisibles para poder garantir a prestación dos servizos públicos nos ditos centros se non se mantén o mínimo de actividade e se establecen os servizos esenciais para a comunidade, ao abeiro do Decreto 155/1988, do 9 de xuño.
Por iso, de conformidade co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, no Decreto 155/1988, do 9 de xuño, oído o comité de folga,
RESOLVO:
Artigo 1
A convocatoria de folga que afecta os traballadores da empresa contratista Limpiezas del Noroeste, S.A. (Linorsa), que se iniciará ás 7.00 horas do vindeiro día 22 de abril de 2016 e que se estenderá desde a dita data con carácter indefinido, enténdese condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen como anexo á orde.
Os servizos mínimos propostos son proporcionados tendo en conta o cadro de persoal atinxido pola folga.
Artigo 2
A determinación dos efectivos necesarios e a designación nominal, con carácter rotatorio do persoal que deberá cubrir os distintos servizos, será realizada pola dirección da empresa Limpiezas del Noroeste, S.A. (Linorsa).
Artigo 3
O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ao persoal nesta situación nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.
Disposición derradeira única
Esta orde producirá efectos o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2016
José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social
ANEXO
|
Centro de traballo da Consellería de Política Social |
Total |
Mínimo |
Posto |
Quenda |
|
Residencia de Maiores As Gándaras |
10 |
2 |
Limpadora |
Mañá |
|
2 |
Limpadora |
Tarde |
||
|
Centro de Atención a Persoas con Discapacidade-Sarria |
7 |
1 |
Limpadora |
Mañá |
|
2 |
Limpadora |
Tarde |
||
|
Centro Sociocomunitario A Milagrosa de Lugo |
2 |
1 |
Limpadora |
Mañá (luns, mércores e venres) |
|
Centro Sociocomunitario de Ribadeo |
2 |
1 |
Limpadora |
Mañá (luns, mércores e venres) |
|
Centro Sociocomunitario de Mondoñedo |
1 |
1 |
Limpadora |
Mañá (luns, mércores e venres) |
|
Residencia de Maiores de Burela |
1 |
1 |
Limpadora |
Mañá (luns, mércores e venres) |
|
Sección Cualificación e Valoración de Discapacidades-Lugo |
2 |
1 |
Limpadora |
Tarde (luns, mércores e venres) |
|
Casa da Xuventude de Chantada |
1 |
1 |
Limpadora |
Mañá (luns, mércores e venres) |


